miércoles, 16 de octubre de 2013

ÉXITO DE [IN]PREGA NOS SEMINARIOS DE XUVENTUDE EN MOVEMENTO

 

A veces cústanos crer nos text de autocoñecemento... Por iso se nos pon esa cara de sorpresa cando Natalia del LLano os interpreta! 

 

Que ves? Unha porta aberta ou unha barreira pintada no chan? 


Mar Caramés. O mellor currículo é o que che consegue unha entrevista. 


Dinámicas Grupais. Non as contamos. Fixémolas!

Onde meter tanta información?


Tero Rodríguez. Provocando a acción! 



Non están xogando ao baloncesto. Están destruíndo barreiras tipo "Dáse por feito"

 As oportunidades están nas persoas.


TEXT PARA MEDIR O ÉXITO DUN OBRADOIRO

  1. Houbo máis risos que bosquexos?
  2. Os/as alumnos/as participaron activamente?
  3. Ao final había máis alumnos/as que ao principio?
  4. Os/as participantes saían máis activo/as que cando entraron? 
  5. Os/as participantes cambiaron a súa visión sobre o que son os procesos de selección laboral?
  6. A partir de hoxe as/os participantes actuarán de xeito distinto á hora de buscar emprego? 
SOLUCIÓN AO TEXT: 
  • DE 0 A 2 RESPOSTAS AFIRMATIVAS: Un curso máis. Alguén sabe se che dá algún crédito?
  • DE 3 A 4 RESPOSTAS AFIRMATIVAS: Estivo ben.
  • DE 4 A 5 RESPOSTAS AFIRMATIVAS: Estivo xenial!Non perdas o seguinte
  • 6 RESPOSTAS AFIRMATIVAS: É un curso [IN]PREGA!

martes, 15 de octubre de 2013

HOXE... ACCIONAMOS NAS ENTREVISTAS DE TRABALLO!!!!!

[iN]PREGA na Universidade de A Coruña

 O 14 e 15 de Outubro ás 16 horas no Edf. Lerd do Campus de Elviña

 

DÍA 15: 

Actuante: Inprega, Soc. Coop. Galega para a innovación no emprego. acciona aquí para velo


A acción: “A entrevista de traballo. Pensa xa cara ao emprego”

Destinatari@: Ti. Se queres mellorar as túas entrevistas de traballo.

 

TEXT PARA VALORAR  SE DEBES VIR:

  1. Sabes como conseguir que che fagan entrevistas de traballo? 
  2. Sabes como prepararte para facer unha boa entrevista de traballo?
  3. Sabes como causar interese por ti nunha entrevista de traballo?
  4. Sabes como convencer ao entrevistador/a de que es o/a candidato/a que está buscando? 
  5. Sabes como actuar nunha acción grupal?
RESULTADOS
  • DE 0 A 2 RESPOSTAS AFIRMATIVAS: Imprescindible que veñas!
  • DE 3 A 4 RESPOSTAS AFIRMATIVAS: Necesitas vir!
  • 5 RESPOSTAS AFIRMATIVAS: Necesitamos que veñas!

 

ACCIONAMOS no Seminario Xuventude en Movemento

[iN]PREGA na Universidade de A Coruña

 O 14 e 15 de Outubro ás 16 horas no Edf. Lerd do Campus de Elviña

 

DÍA 14: 

Actuante: Inprega, SCG para a Innovación no Emprego. acciona aquí para velo

A acción: "Como facer un bo currículo. Pensa xa cara ao emprego”

Destinatari@: Ti. Se queres mellorar o teu currículo.

 

TEXT PARA VALORAR  SE DEBES VIR:

  1. Sabes como prepararte desde xa para ter un currículo con visibilidade?
  2. Sabes cantas clases de currículos hai e cales te conveñen?
  3. Sabes elaborar o teu currículo? 
  4. Sabes como difundir o teu currículo?
  5. Sabes como causar interese por el?
RESULTADOS
  • DE 1 A 2 RESPOSTAS AFIRMATIVAS: Imprescindible que veñas!
  • DE 3 A 4 RESPOSTAS AFIRMATIVAS: Necesitas vir!
  • 5 RESPOSTAS AFIRMATIVAS: Necesitamos que veñas!